Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola de Familias arranca en Chapela

EscolaFamilias

A Escola de Familias é un espazo para que nais, pais e mestres poidan aprender técnicas coas que “guiar” no seu camiño a nenas, nenos e adolescentes. As actividades comezaron o curso pasado por iniciativa da ANPA do CEIP Laredo, e neste curso participan todos os centros educativos de Chapela, pero están abertas a familias de toda a contorna. Patri Do Camiño explica que se trata de dar “ferramentas ás familias” para mellorar a súa relación cos menores baseándose na intelixencia emocional.

Patri Do Camiño é unha das impulsoras desta Escola de Familias

A presentación da Escola de Familias será o vindeiro martes, 11 de outubro, no IES Chapela ás 18.45 horas.  Contarán coa participación do psicólogo Daniel Novoa, especialista en infancia e adolescencia.

Daniel Novoa, psicólogo especialista en nenos e adolescentes, participará na presentación

A Escola de Familias desenvolveranse ao longo de todo o curso, un sábado ao mes. As actividades son de balde e precisan inscrición previa. Poden facelo no enderezo electrónico escoladefamilias@ceipdelaredo.com, ou a través das redes sociais cun código QR.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará