Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG presentou dúas denuncias ante a Xunta polos vertidos das depuradoras de Pazos

vertidos alvedosa

A última das denuncias presentadas tivo lugar o pasado 24 de agosto por verteduras ao río Alvedosa en Amoedo. Previamente, en setembro do pasado ano xa presentarán outra denuncia ante o deficiente funcionamento das instalación municipais de Amoedo, Moscoso e Nespereira, unha denuncia que daría como resultado a incoación dun expediente e unha sanción ao concello de Pazos de 5000 euros.

Unha multa que foi resultado da inspección de Augas de Galicia a raíz da denuncia dos nacionalistas, incoando expediente sancionador que rematou coa resolución do pasado 14 de febreiro, que impuxo ao Concello de Pazos dita sanción por incumprimento das condicións fixadas nas autorizacións de vertido correspondentes á EDAR de Amoedo e á EDAR de Moscoso.

A segunda denuncia é do pasado 24 de agosto e refírese a verteduras ao río Alvedosa en Amoedo polas cales o concello de Pazos de Borbén permitiu o vertido directo o rio durante semanas de augas residuais sen tratar, sobre a que se están a realizar as actuacións de investigación oportunas.

Por outra banda, o BNG de Pazos de Borbén foi informado o pasado 31 de marzo do 2022 da apertura doutro expediente sancionador polas instalacións do núcleo de Nespereira, competencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, por incumprimento das condicións e autorización de vertido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará