Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous policías feridos leves nunha detención na Avenida Mendiño

avenida mendiño

Os feitos producíronse nun local da Avenida Mendiño

Un Policía Nacional e unha axente da Policía Local tiveron que ser asistidos nun centro médico na madrugada deste domingo tras seren feridos con diversas contusións como consecuencia dunha complicada detención na Avenida Mendiño de Redondela.

Os feitos, segundo informan dende a Policía Local, aconteceron pasadas as 02:00 da madrugada do sábado cara ao domingo cando se recibiron numerosas chamadas informando da actitude violenta dun varón que estaba causando “danos” no exterior dun local de hostalaría da zona que xa estaba pechado. Unha vez no lugar a patrulla da Policía Local co apoio de axentes da Policía Nacional, procedeu a detención deste varón, veciño de Reboreda de 46 anos de idade, vello coñecido das forzas e corpos de seguridade pola súa actitude violenta e por contar con numerosos antecedentes policiais. O detido foi trasladado pola Policía Nacional a comisaría de Vigo.

Intervención en Chapela

Tamén foi necesaria a intervención dunha patrulla durante case 5 horas na Avenida de Vigo en Chapela, onde unha muller, atrincherouse no seu domicilio con intencións suicidas e causando.

Apuntan dende o servizo da policía que, logo da pandemia, “os casos violentos e as intervencións con persoas con problemas de saúde, están en aumento no que a nosa demarcación se refire, complicándose a labor da Policía cada vez máis”. Unhas situacións que adoitan a darse principalmente na fin de semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará