Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A tan esperada chuvia causa pequenas incidencias

muro cedeira

A retirada das pedras caídas dun muro no camiño do Cristo en Rande e a retirada dunha árbore que dificultaba o paso no Camiño do Souto na zona de Cedeira foron as únicas incidencias ás que tiveron que facer fronte na mañá de hoxe os membros do SEIS de Redondela consecuencia directa das fortes precipitacións que nos acompañaron de madrugada.

Cun nivel de alerta amarelo activado por parte da dirección xeral de Emerxencias por risco de chuvias intensas así como polos fortes refachos de vento, as incidencias foron varias, pero todas de menor entidade, segundo explican tanto dende a Policía Local como dende o servizo do SEIS.

Neste sentido, Aaron Fernández, do Servizo de Emerxencias de Redondela explica que ao longo da semana espérase que caian 400 litros por metro cadrado, unha cantidade importante que pode crear dificultade sobre todo aos condutores.

De feito, para hoxe a Dirección Xeral de Emerxencias vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra. Un fenómeno meteorolóxico adverso que comezará a últimas horas da xornada de hoxe con vento do sur e suroeste de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 6 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

No caso de circular por estrada tamén se recomenda moderar a velocidade e prestar especial atención á estrada “porque con refachos de ventos fortes é doado que algún obxecto acabe na calzada, mesmo colectores, polo que hai que ser especialmente prudentes”. Nas vivendas recoméndase non ter obxectos que poidan saír voando no exterior e prestar tamén atención ao estado dos tellados.

Non se esperan inundacións nin arquetas que rebosen porque “nestes intres os sumidoiro están limpos”.

Na madrugada de hoxe chovía intensamente unhas precipitacións que son recibidas con optimismo polo efecto que poidan ter nos encoros e nos mananciais que subministran ás comunidades de augas, que se atopan baixo mínimos logo dun verán e un inicio de outono especialmente seco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará