Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama á Xunta que solucione as necesidades do IES de Soutomaior

ies souto

O portavoz nacionalista de Educación, Manuel Lourenzo, trasladou unha vez máis ao Parlamento as reivindicacións da comunidade educativa de Soutomaior e reclamou á Xunta que rectifique e achegue solucións as necesidades educativas que, a día de hoxe, segue mantendo o IES da localidade.

Nunha pregunta parlamentaria, Lourenzo exixiu deste xeito ao Goberno do PP que asuma a súa “irresponsabilidade de libro” nas decisións tomadas respecto dun centro “recén inaugurado e no que gastaron máis de 5 millóns de euros” e que, segundo relatou, a día de hoxe “apiñoca ao alumnado como en latas de sardiñas”, carece de salón de actos ou pistas deportivas cubertas, os pais e nais teñen que ser atendidos nun espazo habilitado nun corredor e dispón de só catro departamentos para 42 profesores e dunha única sala de profesores na que non colle “nin a metade do claustro”.

Logo de advertir que o IES ten a matrícula colapsada apenas tres cursos despois de ser inaugurado, o deputado nacionalista recalcou as dificultades do centro para implementar diversificación curricular  e sofre a imposibilidade manifesta de ofertar FP’s básicas pola falta de espazos.

Con este contexto no inicio do presente curso escolar, o deputado do Bloque recriminou á Consellería de Educación que non fixera “nin caso” nin ás demandas do profesorado, nin ás demandas de alumando e familias, nin á veciñanza de Soutomaior e, o que considerou máis grave, “nin a un informe que teñen na propia consellería sobre a realidade do IES e sobre as necesidades que lles traslada a comunidade educativa”.

Así pois, exixiu ao Executivo “respecto pola comunidade educativa” e que achegue “solucións” nas que se escoite e se sume “o que está dicindo o claustro, o que está dicindo o consello escolar e o que está dicindo o propio pleno municipal de Soutomaior, no que o propio PP tivo que recoller carrete e asumir a evidencia”, concluíu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará