Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande confía en vencer á chuvia

batallarande

A conmemoración viviu un adianto o pasado sábado na Alameda

O Meirande é o escenario elixido para celebrar un ano máis a Conmemoración da Batalla de Rande. E nesta ocasión terán que pelexar contra as inclemencias meteorolóxicas. Conta para iso con carpas nas que garantirán o bo desenvolver das actividades previstas e cun intenso programa que inclúe gastronomía, representacións teatrais, obradoiros para os máis pequenos e mercado medieval.  Tamén a posibilidade de coñecer a Enseada cunha visita en barco. As entradas están a venda na oficina de turismo a 4 euros.

Pedro otero, Asociación Deportiva e Cultural de Rande

A Asociación Deportiva e Cultural de Rande ten xa todo preparado para celebrar esta fin de semana  recibir esta fin de semana o IX acto de Conmemoración da batalla que se vivía no estreito de Rande hai xa 320 anos entre as flotas anglo-holandesa e hispano-francesa. As celebracións arrancaban xa o pasado sábado no centro da vila, pero será este sábado e domingo cando se celebren os actos máis importantes do programa.

Así, mañá sábado 22 de outubro, a partir das 11 e ata as 20:30 horas Meirande converterase nun mercado tradicional no que atoparemos obradoiros tradicionais de alfarería, lacrado e acuñación de moedas e escritura antiga así como actividades para cativos e cativas cun prezo de 3 euros e teatro tradicional infantil. A Teatralización da Batalla de Rande coa obra ‘Navíos baixo o lume” e a Representación naval da batalla con Pirotecnia, serán outras das citas obrigadas do día que rematará coa actuación do grupo Os Carunchos.

Iria Vilaboa, Concelleira de Cultura

O domingo 23 despídese o evento repetindo os obradoiros, a teatralización, o desfile e as visitas guiadas pola Enseada de San Simón (saíndo tamén dende Meirande).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará