Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pesar polo falecemento de Antón Cabaleiro, membro de Treixadura e exconcelleiro en Redondela

treixadura

A Igrexa de San Fausto en Chapela acollerá este luns ás 17:30 horas un funeral polo que foi unha das voces do grupo de música tradicional Treixadura e do grupo Froles Mareliñas de Chapela, Antón Cabaleiro quen falecía este sábado aos 71 anos de idade.

As mostras de pesar espalláronse por toda a rede Dende o grupo Treixadura apuntaban que non “hai palabras que reconforten a alma” e amosaban o seu agradecemento por  ter coñecido  “un home tan entrañable” que é parte “dos bos e xenerosos. Seguimos o noso camiño longo e ti seguirás nel por sempre, coa túa pandeireta, co teu canto amable, coa túa tenrura e gratitude e sorrindo para todos nós. Xunto a Morgan e Mingos Lorenzo, o ceo ten o seu particular orfeón”.

Mesmo pesar o que trasladaban dende a asociación Froles Mareliñas  “deixounos o noso mestre, compañeiro e amigo , Antón Cabaleiro, pero  en todos nós deixa un anaquiño del, da gran persoa que todos coñecimos, dos valores que nos transmitiu sempre e da súa música; o seu toque único de pandeireta sempre resoará en todos nós”.

Unhas palabras que se escoitaban tamén dende diferentes ámbitos da música e cultura galegas así como dende o ámbito político local. Especialmente dende o PSOE, grupo do que foi concelleiro entre os anos 2011 e 2015, pero tamén dende a oposición. Así os populares afirmaban que “ as siglas están de mais cando se trata de honrar a memoria das boas persoas, e Antón, por riba de todo, sempre demostrou ser un marabilloso ser humano ao que botaremos de menos”.

Este luns ás 17:30 oficiarase un funeral ás 17:30 horas na Igrexa parroquial de San Fausto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará