Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela vive a súa noite máis terrorífica con visitas teatralizadas e actividades infantís

samaín

O Concello de Redondela organiza hoxe 31 de outubro actividades para todas as idades que inclúen obradoiros para facer cabazas de samaín, maquillaxe para crianzas, un túnel do terror e unha visita teatralizada pola vila que terá parada no Cemiterio dos Eidos. As actividades para as crianzas desenvolveranse na Alameda de Redondela así como nos Multiúsos da Xunqueira e do Piñeirla en Chapela. O concello promoven tamén o “truco e trato” proporcionando caramelos aos comercios.

A visita guiada na Noite de Defuntos xa ten as prazas cubertas con 50 participantes que se inscribiron para gozar dunha proposta que conta coa animación de Barafunda Animación, encargados da creación dos personaxes e a caracterización. Entre as figuras que aparecerán durante a visita e que interactuarán cos participantes están a Bruxa Benita e a Santa Compaña, ademais de moitas máis sorpresas.

Iria Vilaboa, Concelleira de Cultura

O percorrido arrancará ás 22 horas na Casa da Torre e transcurre polo Centro da Vila para rematar ás 23 horas e media na praza de Santiago, pasando polo Cemiterio dos Eidos, recentemente elixido “Cemiterio máis bonito de España”, pola revista Adiós Cultural en 2022.

Samaín para a rapazada

A partir das 17 horas da tarde comezan as actividades para nenos e nenas con obradoiros de maquillaxe, tatuaxes e cabazas de samaín no Multiusos de Redondela e no de Chapela de forma simultánea. Neste caso non é preciso inscribirse.

En colaboración coa Asociación de Comerciantes as tendas contarán toda a tarde con caramelos para o ‘truco ou trato’, cortesía do Concello. Para os máis valentes, na Alameda de Castelao de 18:30 horas a 20:30 horas estará instalado un túnel do terror para nenos e nenas a partir de 12 anos ou menores acompañados dun adulto.

O Concello de Redondela quere lembrar que “todas as festas programadas teñen como intención poñer en valor o patrimonio do municipio. Por este motivo o Samaín terá un compoñente educativo e histórico moi importante nas súas actividades, destacando a Visita Teatralizada”, explicou a alcaldesa, Digna Rivas.

Soutomaior

Logo dunha intensa fin de semana, chega a Arcade a gran celebración do Samaín. Será esta tarde na Alameda de Talo Río. A partir das 16:15 desenvolverase o “Baile feiticeiro” un obradoiro de animación musical no que o público participará na confección dunha pócema musical na que se engadirán ingredientes con pasos e ritmos que darán lugar a un gran baile co que desfacer o feitizo do Samaín en Soutomaior. Tamén poderán achegarse a un pasadizo do terror a partir das 17:30 horas con moitas sorpresas terroríficas e as 19.30 os “Camiñantes brancos” ofrecerán animación de rúa con batukada e a pirotecnia.

Sonia Pintos, OMIX Soutomaior
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará