O servizo totalmente gratuíto estará en marcha ata o 5 de xaneiro de 2023 de luns a venres, para favorecer o apoio á conciliación a vida familiar, laboral e persoal.
O programa é unha novidade do Concello de Redondela e ten a finalidade de proporcionar un recurso socio comunitario de apoio ás familias, priorizando aquelas que estean en situación de desamparo. A alcaldesa, Digna Rivas, explica o enfoque transversal e a intención deste iniciativa.
Un profesional especializado en ocio e tempo libre encargarase de atender as nenas e nenos, co engadido de entretelos a través de xogos eactividades lúdicas e educativas. A oferta está coordinada con Imaxina Educación e a axuda da Xunta de Galicia.
Desenvolverase en horario de 16:00 a 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. O servizo poderá solicitarse polo tempo que sexa necesario, respectando o intervalo horario de prestación do mesmo, ata cubrir un máximo de 15 prazas.
É importante recalcar que Para poder solicitar o servizo deberanse cumprir algunha das seguintes casuísticas: motivos laborais, participación en cursos de formación para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral, realización de entrevistas de traballo, situacións puntuais de emerxencia familiar, obrigación de acudir a citas de ámbito xudicial, psicolóxico, social, sanitario ou educativo ou participación en actividades de participación social.
A inscrición realizarase no Centro de información á muller (CIM) do Concello de Redondela, Deben inscribirse ata 13 horas antes do uso do servizo a través do teléfono (986408043).