Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha rampla de acceso ao IES de Chapela pon en risco a mellora dun camiño que os veciños levan 30 anos reclamando

rampla

Os veciños da zona denuncian que a rampla para discapacitados que está a construír a Consellería de educación impedirá o posterior arranxo dun camiño que levan décadas demandando e que está incluído no Plan Xeral. Aseguran que a obra que se está a realizar carece de licenza municipal polo que esixen ao goberno local que proceda a súa inmediata paralización e que negocie coa Consellería “a redacción dun novo proxecto que recolla tanto as necesidades do instituto como as do vial de acceso para os veciños”.

As persoas afectadas, acompañadas pola Asociación de Veciños da parroquia, presentaron na mañá de hoxe no rexistro do concello un total de 175 sinaturas con esta demanda. Lembran que os residentes no barrio de Angorén e limítrofes vense gravemente prexudicados pola execución da obra que arrancou hai dez días e que se está a realizar entre o Instituto de Chapela e o Bazar Chino. Aseguran que esta non permitirá executar o vial previsto no PXOM para dar acceso a 11 vivendas e varias parcelas. “Non é de recibo que as persoas que viven na zona non poidan acceder con vehículos as súas propiedades ou que ante unha emerxencia non poida acceder unha ambulancia”.

Marcial Pérez é o presidente da Asociación de Veciños

O presidente da Asociación de Veciños, Marcial Pérez insiste na necesidade de que se leve a cabo este vial para evitar seguir illados “coa única comunicación a través de sendas peonís, o que impide que poidan acceder as súas vivendas cun vehículo”. Aseguran que a rampla que se está a realizar carece de licenza municipal ou calquera outro tipo de autorización do concello polo que esixen ao goberno local que proceda a súa inmediata paralización e que negocie coa Consellería “a redacción dun novo proxecto que recolla tanto as necesidades do instituto como as do vial de acceso para os veciños”.

Un dos afectados explicaba os problemas prácticos que teñen día a día, dende transportar a un enfermo que hai que sacalo entre varias persoas nunha cadeira ata transportar material de construción que se fai en carretillas dende unha distancia de cen metros.

Luis é un dos veciños afectados

A construción dese vial é unha demanda que se remonta tres décadas atrás polo que non entenden que, agora que está incluído no PXOM, a Consellería constrúa unha rampla que no futuro impedirá acometer a obra do vial.

Trinta anos esperando

Insisten ademais en que a rampla podería desprazarse a outra zona do Instituto onde non causaría ningún prexuizo.

Propoñen que a rampla se ubique noutro lugar
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará