Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela insta á Xunta a actuar ante os vertidos de augas fecais ao Alvedosa procedentes de Pazos

vertidos

O goberno local asegura que leva meses instando a Augas de Galicia a que actúe ante un problema continuado de contaminación. De feito acusan ao concello veciño de levar “14 anos vertendo augas fecais no río Alvedosa procedentes das súas estacións de depuración que afectan directamente ao Medio Ambiente da contorna”.

Explican que os día 16 de agosto, 25 de setembro e 18 de outubro deste ano se lle comunicou esta situación a Augas de Galicia sen que ata o de agora se teña recibido resposta. Ante a persistencia da contaminación procedeuse tamén a denunciar os feitos ante o SEPRONA para que determine a procedencia dos vertidos e poder esixir a quen corresponda as responsabilidades e a adopción de medidas adecuadas ante esta situación.

Unha vez máis, apunta Digna Rivas, “a Xunta ignora as recomendacións e peticións do Concello. Pedimos a Augas de Galicia que se faga cargo urxentemente da situación. O Concello de Redondela está cumprindo coa súa labor de analizar as augas e informar da situación, agora é responsabilidade do goberno galego atender ás peticións”.

Uns vertidos dos que xa alertaran tanto BNG como AER a que a alcaldesa agradece o seu traballo instando a que “se sumen ás protestas contra Augas de Galicia por ignorar as nosas queixas e peticións”.

Aseguran dende o goberno local que a problemática se remonta ao 2008, 14 anos atrás, cando o alcalde de Pazos de Borbén decidiu abrir “unha planta municipal de forma ilegal e sen contar coa obrigada autorización da Consellería de Medio Ambiente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará