Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acada os mellores resultados turísticos cun 50% de aumento dos visitantes

f52b7428-ffa6-4ea4-aff8-0ae794427aa7

As cifras destacan que a Oficina de Turismo atendeu, no período comprendido entre abril e outubro de 2022, máis de 6 mil persoas, fronte ás 3 mil que solicitaron información nos mesmos meses de 2021. O que supón un incremento exponencial de máis do 50% e que inclúe máis de 1.300 redondeláns rexistrados na oficina de turismo.

A alcaldesa Digna Rivas, explica que “un total de 1.375 persoas, residentes no Concello de Redondela, tamén pasaron pola Oficina de Turismo nese semestre. Os veciños e veciñas de Redondela participan notablemente da cultura e o patrimonio da súa vila”, algo que considera primordial.

No que ao número de persoas peregrinas fai referencia –en Redondela conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa–. Do total de turistas e visitantes, 5.593 corresponden a Peregrinos (90%), sendo 3.442 (62%) de procedencia nacional e 2.151 (38%) de procedencia estranxeira. Dentro dos peregrinos nacionais, destacan os procedentes das Comunidades Autónomas de Andalucía (846), Madrid(752), Galicia (447),Valencia(324), Castela A Mancha(216), Cataluña e Castela e León. Dos peregrinos de procedencia estranxeira, destacan con diferencia os de Portugal con 512 (25%),a continuación Italia con 361 (17%), e moi preto Alemaña con 356 (16%), seguidos de Estados Unidos, Reino Unido e Francia.

O programa Redondela Mariñeira, as rutas en Kaiak, as visitas guiadas ao Cemiterio dos Eidos, tiveron unha moi boa acollida pola veciñanza de Redondela e polos diferentes concellos da nosa comarca. Os peregrinos das diferentes Comunidades Autónomas que remataban a súa etapa no noso Concello, tamén acudiron a participar nas visitas guiadas que se fixeron os luns, “ A Vila pola Tardiña”, sumando un total de 180 persoas. Durante esta tempada tamén acudiron a facer visitas pola Vila, o alumnado de primaria e secundaria, con un total de 338 alumnos. Sumando os peregrinos, turistas, visitantes e residentes, a Oficina de Turismo de Redondela atendeu a un total de : 7.613 persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará