Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reclama unha rotonda na entrada de Arcade

pp soutomaior

O PP vén de presentar unha emenda aos orzamentos do estado na que reclaman unha partida de 400.000 euros para a creación dunha rotonda na entrada en Arcade dende Redondela. Unha actuación que segundo o alcalde  Agustín Reguera, sería rápida e permitiría regular o tráfico e mellorar a seguridade vial de xeito inmediato.

O alcalde reuniuse cos deputados populares  Ana Pastor, Diego Gago y Javier Bas, quen rexistraron esta semana no Congreso unha emenda na que se reclama unha partida para esta mellora na que se inclúen dúas actuacións, a creación da rotonda na entrada pola N-555 “unha das estradas de máis tráfico da provincia polo que é preciso actualizar estre tramo”, e un acceso específico para peregrinos.

Malia que a principal mellora é a creación da rotonda, que precisaría dun investimento de 400.000 euros, inclúen a maiores outra obra que consistiría na creación dun acceso específico para os peregrinos que chegan ao municipio a través do camiño portugués. Para este mellora solicitan unha partide de 300.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará