Andrea Blanco e Ana San Fernando son as fundadoras da compañía de teatro Vórtice Escénico. Veñen de gañar o premio Xuventude Crea co seu traballo de fin de grao “Asfixia”. Despois de estudar na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) e gañar o certame embárcanse no proxecto Vórtice Escénico para dedicarse a súa paixón que é o teatro.
Podedes atopar o seu traballo no instagram: @vorticeescenico