Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER esixe que se execute a pista de atletismo no IES San Simón

pista atletismo

A Agrupación de Electores entende que o Concello de Redondela non pode renunciar ni reasignar os 150.000 euros previstos para este equipamento fundamental para a veciñanza. Entenden que a realización desta obra non supón renunciar a un proxecto máis ambicioso de cara ao futuro, tal e como demandan, entre outros, a Asociación de Atletismo CAR e defenden os beneficios de realizar esta instalación no centro educativo.

AER esixe que o goberno de Digna Rivas cumpla cos proxectos orzamentados para este 2022, aprobados en xuño deste ano, e ve como prioritaria a construción da pista de atletismo no IES San Simón incluída neles. Entende que “rexeitar o proxecto suporía renunciar ou reasignar unha partida de 150.000 euros comprometida xa en abril de 2022 cando foi a propia alcaldesa a que anunciou nesa data que a pista sería financiada con fondos propios do Concello e foi o goberno que ela preside a que a incluiu nos orzamentos”.

Segundo destaca a Agrupación, a construción da pista de atletismo no IES San Simón é unha oportunidade única “xa que con escaso investimento, o retorno é altísimo”. Malia recoñecer que non serve para competir, entende que as vantaxes desta instalación para a veciñanza e para Redondela son moitas: a súa ubicación, no centro de Redondela e nun centro educativo, supón achegar este deporte a federados e usuarios en xeral e facer crecer a canteira de deportistas do municipio. Tamén supón un efecto chamada moi importante para o deporte no Concello e abre a posibilidade para realizar nela campionatos interescolares no que participen centros educativos de toda a comarca.

A Agrupación insiste en que a construción desta pista de atletismo non supón, en absoluto, a renuncia para levar a cabo un proxecto máis ambicioso en Redondela. En todo caso, conclúen, “cremos que o intelixente é asegurar un espazo para a práctica do atletismo en Redondela, que xa está avanzado e a punto de ser unha realidade, fronte a un proxecto máis a longo prazo que require de moito máis investimento, de atopar unha parcela no que sexa posible a súa construción e dun proceso administrativo aínda por arrancar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará