Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela presenta alegacións aos parques empresariais de Louredo e Ameal

louredo

O Concello reclama un plan para evitar o impacto negativo que este parque empresarial, impulsado pola Xunta de Galicia, poida causar no medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio de Redondela así como os prexuízos aos núcleos rurais de Vilar-Igrexa e Millarada.

O Concello de Redondela presentará alegacións os plans de construción dos parques empresariais de Louredo e Ameal. Esixe un estudo motivado pola proximidade aos núcleos de poboación e polo dano que pode causar no medio ambiente. Dende o goberno local reclaman que “as obras conten con medidas de protección para minorizar os impactos así como franxas de protección para non repercutir nos núcleos rurais de Vilar-Iglesia e Millarada”.

Neste sentido Digna Rivas reclama “un estudo de planeamento para estes parques empresariais que se prevén construír en solo clasificado como Non Urbanizable de Protección de Monte e Paisaxe”. Tal e como está formulada a obra afectaría a máis de 200 especies de animais e plantas que viven na contorna así como o patrimonio cultural “danando elementos tan importantes como a Mámoa dos Valos ou a paisaxe do Tramo do Camiño Portugués de Santiago”.

O proxecto recibiu informes negativos da demarcación de Estradas do Estado, que informou en contra do acceso desde a N-550 pola alta densidade de tráfico que soporta esta vía. Así mesmo a Deputación de Pontevedra emitiu informe desfavorable en relación ao acceso dende a estrada provincial, así como polas dificultades engadidas polo viaduto elevado sobre o río e o risco de inundacións que supoñen. “Considérase necesario un estudio de tráfico tanto actual como previsións futuras, que permita ter en conta a idoneidade dos accesos expostos no plan sectorial o a toma en consideración de novos viais que se deben formular no deseño dos novos parques”, denuncia Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará