Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Eidos recibe o premio que o recoñece como o cemiterio máis bonito de España

cemiterio

A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de turismo María Castro recibiron o galardón nun acto celebrado na Casa de América en Madrid organizado polos convocantes do certame, a revista Adios Cultural de Funespaña. A elección, realizada por votación popular, recoñece o valor histórico, artístico e patrimonial deste camposanto.

“O cemiterio dos Eidos non só é o máis bonito de España, senón que está recoñecido como cemiterio histórico e forma parte do noso patrimonio. Esta é unha gran oportunidade para ensinarlle ao resto do mundo a nosa cultura e a nosa historia”, explicaba Rivas na gala celebrada este martes na entrega dos premiados na VII edición do Concurso de Cemiterios de España organizado por Funespaña conducida pola xornalista Ana Blanco.

Este camposanto conta con 724 sepulturas repartidas en 147 parcelas. 126 desas tumbas atópanse no chan. A máis antiga é de 1860 e a máis moderna de 1988. Os Eidos conta con numerosos panteóns e mausoleos que foron construídos no século XIX, nunha época de esplendor para Redondela polo comercio internacional. As tumbas eran unha mostra de poder e os arquitectos da época deseñaban propostas únicas para cada familia. Os panteóns foron elaborados por canteiros da zona e teñen un gran valor artístico e histórico.

Un cemiterio que foi rehabilitado durante o mandato do actual goberno local segundo destacou Rivas co obxecto de “devolverlle o seu esplendor e poñer en valor a importancia que, dende o punto de vista histórico e patrimonial, ten este cemiterio, considerado como Cemiterio Histórico pola Deputación de Pontevedra e que aspira a entrar na lista de Cemiterios Singulares de Europa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará