Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cristina García: “É un orgullo e unha responsabilidade que o meu nome quede vencellado co de Sesé Mateo”

prmeio sesé mateo

A xornalista da Radio Galega recibiu o premio Sesé Mateo que o concello de Redondela concede a aqueles traballos xornalísticos que abordan cuestión vencelladas coa violencia machista dun xeito ético, fuxindo de sensacionalismos e coidando a intimidade das vítimas e as persoas sobreviventes máis vulnerables. A II gala deste premio desenvolveuse no Multiúsos e contou coa participación de Joshua Mateo, a escritora Eva Mejuto e a alcaldesa, Digna Rivas con acompañamento musical de Sú Garrido Pombo.

Cristina García López recibiu o galardón polo capítulo ‘Mentres dormes’, do seu podcast ‘Superando a ficción’, que afonda nas violacións por submisión química. Un traballo do que quixo destacar o feito de tratarse dun formato diferente dos relatos xornalísticos propiamente ditos “e que serve para demostar que o entretemento é igual de digno para contar unha historia rigorosa e que teña en conta as vítimas, entretendo ao tempo que informando e visibilizando unha realidade que nos rodea”.

Cristina García, xornalista

Joshua Mateo lembraba a súa nai asasinada en Chapela pola súa exparella no 2017 e facía fincapé en todo o movemento social, cultural e solidario que xurdiu en torno a esa traxedia. Un movemento que deu lugar entre outras cuestións ao nacemento destes premios que buscan recoñecer a aqueles ou aquelas profesionais que sexan quen de levar a cabo un tratamento ético no ámbito xornalístico.

Joshua Mateo, fillo de Sesé Mateo

Uns relatos xornalísticos que serven para “montar ou desmontar prexuizos” en palabras da escritora Eva Mejuto, quen salientou a “honestidade” que debe acompañar a quen traballa nun medio de comunicación e é quen “de ser libre e mudar os relatos e darle a volta ao conto” contando a violencia machista con “sensibilidade e empatía”.

Eva Mejuto, escritora

Aproveitou tamén para criticar a campaña institucional da violencia machista da Xunta de Galicia onde “vemos con estupor como unha vez máis se pon o foco sobre as mulleres, facéndonos sentir culpables por sair a correr de noite ou de festa, temos que darle a volta a unha violencia institucional que desculpa ao agresor e culpabilizar ás vítimas”.

A música de Su Garrido serviu de banda sonora a un acto que contou tamén coa intervención da alcaldesa Digna Rivas, quen afirmou que “unha das cousas das que estou máis orgullosa do meu mandato é a posta en marcha deste premio e desta gala que queren recoñecer dende unha institución pública o bo facer dos e das profesionais do xornalismo á hora de tratar a violencia que padecen as mulleres por seren mulleres.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará