Fotografía da SAR apoiando a loita contra a violencia de xénero
O equipo da División de Honra Prata Feminina da Sar Rodavigo xoga este sábado 3 de decembro ás 18:30 horas contra A Cañiza nun partido con intencións reivindicativas dedicado á loita contra a violencia de xénero.
A directiva do club decorará o Pavillón da Bomboneira coa respectiva carteleira morada, símbolo da igualdade, e as xogadoras vestirán a súa segunda equipación que se caracteriza polas súas cores moradas e negras con intención levar ao campo a loita feminista.
O equipo da Cañiza apoia a decisión da SAR de celebrar o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller unha semana máis tarde, xa que a fin de semana do 25 de novembro xogaron fora da casa, concretamente en Palencia. A intención do club é facer esta reivindicación en Redondela, malia que en Palencia tamén conmemoraron esta data levando consigo a bandeira de “NON a violencia de xénero”.