Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela lembra ás 38 mulleres asasinadas este ano baixando as persianas do centro

chapela ies 25N

As fiestras do instituto de Chapela foron en parte protagonistas do acto organizado dende este centro e no que participaron preto de 600 persoas co gallo do 25N. Unhas fiestras que ían baixando as súas persianas ao tempo que se nomeaba a cada unha das 38 mulleres asasinadas no Estado español ao longo do ano. Mulleres que, tal e como explican dende o centro “foron silenciadas pola violencia machista, mais desde Chapela non esquecemos nin pararemos de denunciar unha realidade que nos acompaña día a día”.

O alumnado do centro lembrou un vídeo que o pasado mes de outubro se fixo viral. Un vídeo no que se vía aos alumnos da Residencia Universitaria Elías Ahúja berrando ás mozas dun colexio maior feminino insultos como “putas” ou “ninfómanas” nun acto normalizado baixo a consideración de “novatada”. Como reacción decidiron tamén asomarse ás fiestras do instituto de Chapela pero neste caso para berra o nome das mulleres asasinadas no que vai de ano ao tempo que baixaban unha persiana por cada unha das asasinadas. Unha iniciativa do IES de Chapela coordinada polo seu equipo de igualdade “Brigada Violeta” para berrar que a violencia non pode ser tradición. Fronte ao machismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará