Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o proxecto “pictografiar Redondela” de Andaina

pictografiar

O Concello de Redondela e a Asociación Andaina iniciaba este sábado, xornada na que se conmemoraba o día da Diversidade funcional, o proxecto Pictografiar Redondela co obxecto de instalar sinalización con pictogramas en espazos públicos como edificios, parques e xardíns co obxectivo de facilitar a comunicación das persoas con discapacidade.

Así, aqueles veciños e visitantes con trastorno do espectro autista (TEA), ou calquera tipo de discapacidade cognitiva, terán algo máis fácil cando acudan a realizar as súas xestións á Casa do Concello, ou a outras dependencias municipais, instalacións deportivas ou pasear polos parques e xardíns da cidade. Trátase dun sinais que inclúen símbolos pictográficos facilitando a autonomía tamén as persoas con dificultares lingüísticas e dos que se poden favorecer tamén persoas estranxeiras que non coñezan o idioma e nos visiten.

Unha iniciativa que se completa tamén coa sinalización de pasos de peóns semaforizados, incluíndo neste lugares o uso de pictogramas que permite interpretar correctamente o código de luces dos semáforos e axudarlles a cruzar cando poden facelo os peóns (semáforo en verde) e cando non poden facelo (semáforo en vermello).

Este tipo de actuacións tamén se enmarcan na necesidade de sensibilizar ao resto da poboación sobre a necesidade e idoneidade deste tipo de actuacións para mellorar a accesibilidade cognitiva dos espazos públicos urbanos convertendo así Redondela nunha comarca accesible para todos e todas e defendendo a accesibilidade cognitiva como Dereito universal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará