Hoxe é Martes 24 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un incendio calcina o salón e a cociña dunha vivenda no barrio da Formiga en Cedeira

incendio redondela

O suceso tiña lugar ás dez e media da noite do mércores día 7 e ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Redondela, o GES de Mos e os bombeiros do Baixo Miño, quen precisaron máis de dúas horas para sufocar o lume que se podería ter producido por mor das conexións eléctricas cunha estufa. Quedaron completamente calcinadas tanto o salón como a cociña. Foron as propietarias do inmoble, nai e filla, as que chamaron ao 112 cando ao tentar acceder a vivenda polo garaxe xa se decataron de que a casa estaba chea de fume. Varias estancias da vivenda están recubertas de madeira que acabou caendo.

Non foi este o único suceso dos últimos días nos que os axentes da Policía Local tamén interviron para auxiliar a dous varóns e unha muller que camiñaban pola mediana da Ponte de Rande en dirección Pontevedra, na propia autoestrada AP-9. Os axentes trasladáronse ao lugar ás 15:30 horas de onte tras recibir numerosas chamadas alertando de que tres rapaces ían camiñando pola Ponte. Unha vez foron localizados e trasladados no vehículo da Policía Local a un lugar seguro, procedeuse a súa identificación e sanción.

Detido varón en Cesantes

Na xornada do mércores os axentes da Policía Local en colaboración coa Policía Nacional, procederon a detención dun varón en Cesantes sobre o cal pesaba unha orde de busca e captura por un xulgado de Pontevedra. Ao detido, tamén se lle interviu unha cantidade aproximada de 40g de cocaína ademais de diñeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará