Hoxe é Mércores 25 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria da Sar Rodavigo nunha bomboneira chea de público

sar7

Sar Rodavigo 34-29 Gran Canaria

As mozas da Sar dominaron o partido dende o inicio nun encontro disputado na tarde do mércores ante o Rocasa Gran Canaria, equipo que en ningún momento se rendiu e pelexou ata o final, malia que as locais foron por diante no marcador en todo momento. As de Verónica Posadas disputarán o último partido da primeira volta fronte ao Pendo Camargo. Pola súa banda, o equipo masculino da primeira autonómica reciben na bomboneira ao Ingenio, no que será o último partido do ano na casa. O sábado 10 ás 20:00 horas.

Xa dende o inicio as mozas de Sar lograron unha pequena vantaxe que lle permitiu ir por diante no marcador todo o encontro. Así, ao descanso chegaríase cun resultado de 20-15.

A segunda parte seguiu coa dinámica do primeiro tempo: boas accións defensivas e ofensivas que permitía ao equipo xogar comodamente e obter unha vantaxe de ata 7 tantos. As canarias lograron reducir distancias pero sen poñer en perigo a vitoria da Sar nun partido que remataría cun definitivo 34-29 no marcador.

Un partido disputado nunha bomboneira chea de público no que se sorteou entre os pequenos e pequenas un balón asinado polas xogadoras e unha camiseta da Selección Galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará