David Pérez é o novo adestrador do Choco
CD Choco 1-1 Arosa
Un gol de Comis, no 51, permite o equipo redondelán sumar no partido disputado en Santa Mariña ante o Arosa.
Dende a xornada 6 o CD Choco non puntuaba e na tarde de onte finalmente puxo fin a esta seca de puntos. Un partido no que debutaba David Pérez non só co equipo senón tamén na Terceira RFEF, quen confía en que a experiencia ao fronte do equipo sexa “de long opercorrido”
A afección redondelá non faiaba e enchía as bancadas de Santa Mariña xunto coa do Arosa que foi numerosa, ambientando ámbalas dúas un partido moi importante para os intereses choqueiros.
Así as cousas, comezaba un enfrontamento no que na primeira parte os dous bloques loitaban por facerse co dominio do partido por medio do control do esférico; dominio que se repartiron os dous equipos pero sen moitas ocasións para ningún dos dous. O primeiro tanto chegaría no minuto 39 logo dun roubo de balón no lateral que permitiría a Julio Rey subir o 0-1 ao marcador.
Logo do tempo de descanso, no segundo tempo veuse un Choco combativo que soubo igualar o encontro. Un Choco que dominou e creou ocasións que poñían en apuros a Táboas. De feito ao catro minutos do comezo Comis marcaría o tanto da igualada e no 51’ Samu ben puido dar volta ao marcador. Ningún dos dous equipos renunciaban a sumar de tres, pero finalmente houbo reparto de puntos en Santa Mariña.
“As sensacións que me quedan deste partido son boas, polo traballo do equipo e a unión que ten o vestiario. Entendo que con este punto, as cabezas pensarán distinto e imaxino que xa con gañas de enfrontar o seguinte partido”, afirma David Pérez.
Ficha técnica:
Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Anxo Vilas, Juanma Justo, Comis, Samu Vilariño, Félix, Kopa, Eli, Adri, e Berni. Tamén xoggaron Ube, Monroy, Toni Armada e Cora.
Arosa SC: Manu Táboas, Santi Figueroa, Cotilla, Pacheco, Borja Míguez, Javi Sandá, Sylla, Julio Rey, Fajardo, Abel Suárez, Martín Sánchez. Tamén dispuxeron de minutos Mario Dominguez, Brais Vidal, Hugo Losada, Iñaki Martínez, Buceta.
Goles: 0-1 Julio Rey (39’), 1-1 Comis (51’)
Os colexiados Gustavo Vidal, Rubén Calviño, e Dario Rodríguez amoestaron aos locais Adri e Samu e aos visitantes; Sandá e Julio Rey todos eles con cartón amarelo.
Incidencias: partido correspondente á xornada 12 do campionato da Terceira RFEF, disputado en Sta. Mariña.