Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Morre a veciña de Cesantes ferida grave nunha explosión de gas na súa vivenda

cesantes

María Iriarte Cabaleiro de 88 anos de idade non puido superar as graves queimaduras que lle provocou a deflagración de gas que se producía na noite do pasado martes na súa casa de Outeiro das penas. O funeral da muller falecida terá lugar hoxe xoves ás 17:15 horas na igrexa parroquial

A muller, que fora evacuada en ambulancias con importantes queimaduras tras unha explosión na súa vivenda o martes pasadas as nove da noite, non puido recuperarse das feridas e faleceu nun centro hospitalario de Vigo unhas horas despois.  A outra muller ferida, unha veciña da zona de 51 anos de idade, foi atendida no PAC de Redondela debido aos cortes que lle produciron os cristais que quedaron no lugar tras a deflagración que se produciu, segundos as primeiras informacións a unha acumulación de gas posiblemente por un fallo nunha estufa de butano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará