Os feitos tiveron lugar o pasado 7 de decembro na Praia de Cesantes, ao observar os axentes da Policía Nacional que se atopaban patrullando na zona, un home en actitude sospeitosa e que tentou fuxir do lugar ao decatarse da presenza dos axentes. Ao ser interceptado adoptou unha aptitude agresiva e violenta, polo que foi necesario solicitar axuda doutras patrullas policiais, para proceder á súa detención
Procedeuse a detención do home por un delito de tráfico de drogas, atopándose entre as súas pertenzas unha gran cantidade de bolsas plásticas, que contiñan cocaína, preparada para a súa venda e consumo, ademais de trescentos euros.
Na operación interviron patrullas tanto da Policía Nacional como da Policía Local de Redondela.