SAR Rodavigo na división de Honra Prata Feminina despide o ano cunha derrota ante o líder, o Lanzarote Puerto del Carmen. Derrota tamén para a Sar Plastic Omnium na primeira nacional ante Balonmano Tejina por 29-21.
Lanzarote Puerto del Carmen 36-25 Sar Rodavigo
O equipo feminino da Sar xogaba en terras canarias en fonrte dun equipo difícil, o Lanzarote. As locais dominaron o partido dende o inicio, posicionándose por diante cun xogo rápido e con gran capacidade goleadora cmo amosa o marcador final: 36-25. Á volta do parón do Nadal as mozas da Sar xogarán na bomboneira ante o Siero Deportivo
Balonmano Tejina 29-21 Sar Plastic Omnium
Derrota tamén para a SAR plastic Omnium que despide o ano como pechacancelas da categoría. O partido da primeira nacional levaba a Sar a desprazarse tamén a terras canarias, neste caso para xogar no campo do Balonman Tejina que lograba a vitoria por 29-21
O próximo partido, xa en xaneiro será na bomboneira ante o Saeplast Cañiza, outro equipo moi necesitado de puntos.