CD Choco 1-1 Arzúa
O Club deportivo Choco vaise de vacacións en postos de descenso pero aló menos logrou sumar un punto no partido disputado o sábado en Santa Mariña nun campo que recibiu uns 350 afeccionados que se achegaron a animar o equipo.
Malos resultados os colleitados polo equipo nesta primeira parte da tempada, onde tan só logrou sumar nove puntos. Con todo, esta fin de semana foi quen de sumar un punto ante o Arzua, os locais aproveitaron a presenza da súa afección para loitar ante outro equipo que tamén está na loita pro escapar dos postos de descenso.
Os visitantes controlaron a posesión do esférico pero sen chegar a inquietar a portería de Cortegoso. De feito, o primeiro tanto chegaría aos quince minutos de partido a cargo de Ube adiantando ao Choco no marcador. Cora incluso puido na segunda parte dar o triunfo aos locais, pero desperdiciou unha boa oportunidade para acadar o segundo gol. Non foi así, e sería o xogador do Arzua, Lucas o que no minuto 85 colocaría o definitivo 1-1 no marcador.
Os encontros retomaranse o 8 de xaneiro. Data na que o Choco se desprazará ao campo do Rápido de Bouzas.
Cesantes 0-2 Soutomaior
Na segunda Galicia o Soutomaior despide o ano como líder da categoría, tras lograr esta fin de semana unha vitoria no derbi disputado no campo do cesantes. 0-2 foi o resultado do partido que deixa ao Soutomaior liderando o seu grupo mentres que o Cesantes sitúase no noveno posto.A volta do parón do Nadal o Soutomaior recibirá ao Monteporreiro mentres que o Cesantes desprazarase ao campo do Cerponzóns.
Coia 2-2 Chapela
Na terceira Galicia o Chapela lograba traerse un punto do partido disputado en Coia. Empate a dous tantos nun partido difícil, xa que o Chapela xogaba co líder da categoría. Son decimoprimeiros e xogarán xa en Xaneiro na casa co San Miguel.