O primeiro equipo do CD Choco tómase unha semana de descanso durante o nadal, para comezar a segunda volta o día 8 de xaneiro contra o R Bouzas. Agora mesmo atópanse nunha posición complicada, sendo os últimos da clasificación e perigando a permanencia en Terceira División.
David Pérez, o novo adestrador do equipo en substitución de Juan Amoedo, foi elixido pola directiva para tratar de saldar a situación. O vigués chega do Portonovo, onde estaba como segundo adestrador e aínda que ten experiencia adestrando a diferentes equipos como o RC Deportivo, en categoría Xuvenil e a outros tantos en categorías base, está é a primeira vez que é responsable dun equipo sénior.
Pérez confía en que a súa experiencia como xogador, onde posúe unha larga traxectoria como futbolista, permítalle empatizar cos membros do equipo e motivalos para seguir loitando, pois tense atopado outras veces en situacións similares.
Agradece a confianza que os xogadores están reflexando nel e ten claro que o principal obxectivo é manter a permanencia sumando puntos, sen importar a posición dos equipos contrarios. O conxunto pontevedrés atópase agoramesmo na décimo sexta posición, empatado a 9 co UD Paiosaco.