Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Debuxos infantís para promocionar o comercio local

foto-marisma3

Nenos e nenas de entre 3 e 5 anos de idade da Escola Infantil A marisma son os artistas que se encargaron este ano de dar forma á cartelería do comercio local. Unha idea que naceu dunha das profesoras do centro, Yolanda Parada e que, a través do servizo de Normalización Lingüística do concello, chegou ata a Asociación de Empresarios de Redondela.

Cuns lemas ben sinxelos “merca na casa”, “merca en Redondela” ou “no Nadal compra no noso comercio local” e uns debuxos cheos de colorido e motivos propios da época, a cartelaría está a ser distribuida entre os establecementos e negocios da vila quen xa decoraron os seus escaparates con esta pequenas obras de arte feitas polo alumando deste centro educativo.

En total hai 7 creacións gráficas con slogans sobre o consumo no comercio local e un dos textos conta cunha insignia propia que foi entregada esta mañá nun pequeno acto desenvolvido no centro educativo aos nenos en chapas que os fai portadoras da mensaxe creada por eles mesmos.

A carteleria está a ser distribuída pola Asociación de empresarios de Redondela por todos os negocios da localidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará