Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xaçobe Pérez: “Sorprendeume a boa acollida da exposición en Redondela”

WhatsApp Image 2022-12-15 at 12.49.22 (1)

Xaçobe Pérez Fontán é un artista plástico de Redondela dedicado o hiperrealismo dentro do arte figurativo e que agora mesmo comparte con Bea Blanco a exposición ‘EXPRESIÓNS’ no Multiusos da Xunquiera. Deu os seus primeiros pasos xunto o mestre redondelá Suso Ben e continuou os seus estudos en delineación e arquitectura técnica na Universidade de A Coruña.

Chegou a expoñer con artistas da talla de Lino Lago ou Alfonso Da Silva, e nos últimos anos en museos de índole nacional e internacional como o “MEAM” de Barcelona ou o museo “Pablo Serrano” en Zaragoza, tamén a través de plataformas e guías de arte realista como “Art Renewal Center” nos EEUU ou na “Guía de arte Leonardo 2022” de Barcelona.

Un artista internacional que se sorprende coa boa acollida que tivo a exposición na súa vila, sobre todo coa resposta da xente que se achega a velo traballar e se interesa polo trasfondo da súa obra.

Ao longo dos vinte días da mostra Xaçobe fai do espazo o seu estudo, con  intervencións espontáneas nas que  a xente pode ver o seu  proceso de creación. Comezou cun cadro en branco que xa vai collendo forma, pero dubida de se poderá rematar unha peza hiperrealista en tan pouco tempo. Soe utilizar moitos materiais e técnicas distintas, que desta vez destacan polo uso de pintura fosforescente.

O Multiusos da Xunqueira acolle ata o día 31 de decembro a mostra pictórica  ‘EXPRESIÓNS’ de Bea Blanco & Xaçobe Pérez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará