Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O tren de Nadal percorrerá as rúas de Redondela e Chapela

tren turístico

O tren ten previsto iniciar os seus percorridos esta mesma tarde con saídas dende a Praza de Santiago Aposto entre as 18:00 e as 20:00 horas. En Chapela os pasaxeiros poderán subirse ao tren na Alameda da parroquia a partir do mércores 28.

O tren turístico decorado para a ocasión arranca hoxe os seus percorridos con saída prevista ás cinco da tarde e de xeito continuado ata as 20:00 horas dende a praza de Santiago Apostol os días 22,23, 24, 26 e 27 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Tamén haberá a posibilidade de percorrer a vila neste vehículo o día 24 en horario de mañá de 11:00 a 13:00 horas.

 En Chapela os usuarios poderán subir a este tren na Alameda Rosalía de Castro no mesmo horario de tarde os días 28, 29, 30 e 31 de decembro. O día 31 de decembro funcionará en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Un tren turístico que permitirá á veciñanza percorrer a vila e gozar das vistas iluminadas coa ornamentación do Nadal. Unha actividade de balde enmarcada dentro da programación de Nadal do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará