Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP nega ter revelado información confidencial e cualifica de “cacicada” o uso que Rivas fai dos servizos municipais

pazos

O voceiro local do PP Alberto Pazos, asegura que o concepto de “expediente confidencial” é un invento da alcaldesa para atacar aos populares e ratifícase en que foi “a falta de planificación e a xestión chapuceira do goberno socialista” o que levou a que o Tribunal de Contratación ditara unha suspensión cautelar na instalación das luces de Nadal. Acusa ademais a Digna Rivas de empregar os servizos municipais de xeito partidista cando anuncia que solicitará “aos servizos xurídicos do concello que estuden accións xudiciais contra o PP”.

Alberto Pazos, PP

Novo capítulo na polémica en torno ao alumeado festivo en Redondela. Logo de que a alcaldesa Digna Rivas acusara aos populares de “intentar boicotear o Nadal facendo crer a cidadanía que non ía haber luces de Nadal” e anunciara ademais a adopción de medida legais contra este partido por facer público un “informe confidencial”, son agora os populares os que contraatacan. Acusan a alcaldesa de “prevaricación” por usar os servizos municipais con fins partidistas

O voceiro popular amosaba tamén a súa sorpresa polo uso do termo “confidencial” ao referirse ao informe que decretaba a suspensión cautelar do alumeado, concepto que non tería lugar cando se fala dunha resolución administrativa.

Alertaba tamén Pazos das consecuencias que poderían terse derivado da decisión do concello de ignorar a resolución do tribunal de Contratación e permitir que a empresa comezara a colocar as luces cando aínda non existía un contrato formalizado “que tería acontecido en caso dun accidente que afectara a un veciño ou un traballador”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará