Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home por malos tratos a súa parella na Noiteboa

ribeira

Unha fin de semana intensa para os axente da Policía Local que tiveron que intervir nun presunto caso de violencia doméstica, nun accidente no barrio da Portela e acometer diversas intervencións a causa das fortes precipitación que provocaron asolagamentos en diversas rúas da vila, así como desprendementos de terra e inundacións de baixos e garaxes.

Unha fin de semana de Nadal marcada polas fortísimas precipitacións que se produciron na xornada do sábado durante todo o día e que obrigaron a intervir a policía local en numerosas incidencias. Así foi necesario pechar varias rúas ante a cantidade de auga acumulada. Unha das máis afectadas foi a rúa Ribeira en pleno casco urbano. Tamén a piques estivo de se desbordar o Maceiras. Así, o paseo fluvial  permaneceu pechado ao paso de peón debido a que a senda estaba completamente inundada nalgún punto do percorrido. Unha crecida que tamén deixo a piques de se desbordar a canle do Alvedosa ao seu paso polo centro da vila.

Tamén na noite boa os axentes tiveron que intervir nunha saída de vía dun vehículo cuxo condutor deu positivo nas probas de alcoholemia, tras colidir contra varios vehículos na zona da Portela.

A Policía local, tamén procedería de madrugada de onte a detención dun varón por un presunto delito de malos tratos. Os feitos producíronse tras recibir nas dependencias policiais unha chamada dunha muller que se atopaba pechaba no interior do dormitorio, lugar no que se agochou para evitar ser novamente agredida. No lugar e entrevistadas as partes, procedeuse a detención dun varón que foi trasladado a comisaría da Policía Nacional de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará