Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

3 traiñas de Cesantes celebran o IV Desafío Séniors vs Veteranos

309490632_506469671487844_4250830824890692561_n

O Club de Remo de Cesantes despide o ano co IV Desafío Séniors vs Veteranos, unha iniciativa que nace como un `pique sa’ para seguir competindo e motivando aos remeiros e remeiras durante o inverno.

A proba consiste nunha contrarreloxo de 20 minutos que se disputará o sábado 31 de decembro ás 10:30 horas no Peirao de Arcade, unha zona escollida por estar máis recollida do mal tempo e o vento. O director do club, Felipe Silva, explica que a novidade deste ano é a participación da traíña sénior feminina que a pesar de non estar completa para competir a nivel galego, animase a saír ao mar sempre que poden coa axuda das categorías inferiores.

O club leva intentando dende fai anos completar a traíña sénior feminina, Silva encárgase este ano de adestralas e fai un chamamento para colaborar entre clubs que se atopen na mesma situación. Dende a directiva estarían ‘encantados de xuntarse’ para chegar ao mínimo necesario de deportistas que esixen na Liga Galega.

Este desafío de nadal despide o ano cun balance bastante bo, no que os sénior conseguiron salvarse do descenso e as categorías base están crecendo para competir en bateles e traiñeiriñas.

O obxectivo do ano que ven segue sendo o mesmo, afastarse dos postos de descenso. Reforzaron o equipo técnico contratando a un novo adestrador para o equipo sénior masculino que promete establecer cambios nos adestramentos, sobre todo no estilo da remada.

O día 31 de decembro ás 10:30 horas, no Peirao de Arcade celébrase o IV Desafío Séniors vs Veteranos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará