Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello media entre a empresa e as traballadoras do SAF

concello saf

A alcaldesa, nunha asemblea celebrada onte no Multiúsos da Xunqueira, anuncia que dende o goberno local seguirán teaballando de cara a aplicar todas as medidas necesarias para garantir que se cubran os servizos e as peticións das traballadoras. Tamén está pendente de aplicárselle a empresa Os Ventos unha penalización polas irregularidades detectadas “aínda en prazo de recurso”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo unha reunión cos sindicatos o día 26 de decembro para facer un seguimento sobre as irregularidades da empresa Os ventos Innovación en Servizos, SL. E na xornada de onte reuniuse coas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar para informar de todo o proceso que o concello está a levar a cabo. Despois do nadal celebrarase unha reunión conxunta con empresa e sindicatos.

Neste sentido insisten en que o Goberno local mantén unha “continua labor de fiscalización” sobre a empresa concesionaria do SAF para comprobar que “en todo momento cumpra coas condicións establecidas no prego de condicións polo que se rexeu a contratación do servizo”.

O seguinte paso a dar pola alcaldesa é manter unha reunión cos sindicatos e a empresa, na que o concello será o órgano mediador e na que se pretende sacar algunha conclusión entre ambas partes.

A alcaldesa de Redondela lembra que o Goberno que preside “ten a obriga de velar polo cumpri-mento estrito do prego de condicións establecido na contratación e da fiscalización continua da prestación do servizo en condicións óptimas”. Neste sentido, explican que as técnicas presentaron a data de 14 de decembro o último informe sancionador, onde se reflicten as continúas irregularidades da empresa implicada.

Irregularidades que as traballadoras levan denunciando meses como atrasos nos pagos, falta de coordinación, oficina pechada para atención de traballadoras e familiares ou usuarios.

A intención do concello é “penalizar a empresa coa contía máxima”. Con todo, a resolución final do expediente que acabou en multa o 23 de novembro, aínda está en prazo de recurso. Este prazo vence a finais de xaneiro, “momento no que poderemos continuar avanzando no proceso. Unha multa ou imposición non é firme mentres este en prazo de recurso, prazo que remata a finais de Xaneiro, data no se poderá abrir outro expediente de penalidades por incumprimento dos pregos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará