Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CGT reclama un incremento de trens na provincia de Pontevedra

tren redodnela

O sector ferroviario da CGT insta a Renfe a que incremente o número de servizos ferroviarios que permita aos visitantes a Vigo regresar as súas respectivas vilas de orixe como Redondela, Soutomaior, Pontevedra ou Vilagarcía máis aló das 21:35 horas, horario do último tren que conecta estas localidades.

Estes días os cidadáns vigueses e da súa contorna estan a ver como a cidade de Vigo recibe miles de visitantes o que está a producir un colapso circulatorio na cidade, cas rúas cheas de coches bloqueados, buses repletos de xente e que apenas se moven e trens completos. Por este motivo, dende a CGT instan a aumentar o servizo ferroviario por entender que tanto a oferta como os horarios son claramente insuficientes,, especialmente nas últimas horas do día.

Explican que nestas datas en que a demanda de utilización do ferrocarril aumenta, RENFE sigue sen aumentar substancialmente a oferta de prazas nos trens que a última hora saen de Vigo. Tan só aumenta 180 prazas diarias no tren que sae as 20:25 hs de Vigo Guixar, que en total sae con dúas composicións e 360 prazas a venda e que saíu completo practicamente todos os días de Decembro.

CGT remitíu o 29 de novembro de 2022 un escrito a Xerencia de RENFE en Galiza, reclamando entre outras medidas, duplicar as prazas ofertadas no tren 09212  que sae de Vigo as 21:35, tren que está circulando completo a maioría de días de este nadal, pasando de vender 280 prazas a 560.

Tamén propoñen un tren especial con saída as 22:30 de Vigo Guixar, servizo ferroviario que circulou entre Vigo e Compostela ata o ano 2016 que se inaugurou o eixo atlántico dende Urzaiz e foi suprimido, deixando a Vigo sen servizo ferroviario a partir das 21:35 horas.

Entenden dende o sindicato que se RENFE aumentara os servizos que oferta, o caos circulatorio que se está a producir en Vigo estes días reduciríase, conseguindo que a xente utilizara o transporte público fronte o privado e reducindo a utilización de vehículos que aumentan a emisión de CO2 e con elo a contaminación das cidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará