O Festival internacional de curtametraxes e diversidade Funcional de Redondela, organizado por ASCEDAN e a Asociación Andaina, celebrará no 2023 a súa XI edición entre o 16 ao 23 de Abril. A presentación de traballos para participar nas seccións de ficción e documental remata o prazo este 31 de decembro. Para a sección novel, traballos non profesionais realizados por centros educativos e centros de atención a persoas con diversidade funcional, o prazo de recepción das obras amplíase ata o 31 de xaneiro de 2023.
A duración das películas será superior a 2 minutos e inferior a 20 minutos fóra dos documentais que non poderán exceder dos 10 minutos. Todos os traballos serán entregados a través das plataformas dixitais incluídas nas bases do festival.
Dentro das actividades do Festival, destaca a presenza de obras cinematográficas de carácter internacional, premiados en diferentes festivais e galas cinematográficas nos últimos anos. Máis aló das proxeccións, as actividades do festival compleméntanse con charlas, talleres e outras actividades relacionadas co cinema e a diversidade funcional.
Destaca tamén a oferta educativa das xornadas escolares con pases exclusivos destinados a centros escolares da comarca, onde este ano espérase recuperar as cifras prepandemia, onde máis de 1500 alumnos pasaron polo Multiusos da Xunqueira durante a celebración de festival.