Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello aposta por ubicar a pista de atletismo en Chan das Pipas e descarta o IES Illa San Simón

campo futbol saxamonde

O goberno local entende que das tres propostas do Club de Atletismo de Redondela (C.A.R.) no camiño de buscar un terreo axeitado para a realización dunha pista de atletismo, a máis viable serían os terreos estudados de Chan das Pipas en Saxamonde onde se podería “facer unha pista regulamentaria de 400 metros, polo que se está a traballar con comunidade de montes da parroquia para poder instalar a pista na zona do campo de fútbol da súa propiedade”.

“O concello continúa a busca dun terreo de 16.000 metros cadrados para a realización correcta da pista de atletismo regulamentaria mantendo reunións periódicas co C.A.R.”, así o explican dende o goberno local logo de descartar a idea inicial de instalar dita pista no IES Illa San Simón.

Apuntan que, logo de varias reunións que de xeito quincenal están a realizar con representante do club xunto cun arquitecto técnico especializado neste tipo de proxectos, valoráronse tres localizacións posibles, propostas dende o CAR: a primeira correspondería ao terreo na antiga Feira do Gando, a segunda unha parcela en Quintela e a terceira estaría no Chan das Pipas.

O arquitecto municipal sinalou que a primeira parcela a que se fai referencia, na antiga feira do gando, sería Solo Non Urbanizable Protexido, polo que se enviou unha petición a Costas solicitando a viabilidade do proxecto. Unha dificultade á que habería que engadir que se trata de terreos que non son de titularidade municipal senón privada e o concello tería que adquirilas”, explica Dignas Rivas.

Algo similar pasa coa zona de Quintela, na que cabería unha pista de 200 metros cuberta, pero para a que se precisaría de autorización de ADIF, xa que a instalación iría na zona superior do túnel de alta velocidade.

Por último, nos terreos estudados do Chan das Pipas, nos que se podería facer unha pista regulamentaria de 400 metros. Segundo a alcaldesa “o concello está traballando coa comunidade de montes de Saxamonde para poder instalar a pista na zona do campo de fútbol propiedade da mesma”.

O goberno agradece “a colaboración e predisposición das distintas comunidades de montes do municipio que colaboraron en todo momento para estudar as posibilidades para a construción da pista regulamentaria de atletismo e facer realidade o proxecto que Redondela merece”, conclúe Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará