Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres mil quilos de solidariedade en forma de alimentos no Torneo de Nadal do CD Choco

choco comida

Tres días de Torneo e 3 toneladas de alimentos. Este e o cómputo global de tres xornadas nas que  deporte e a solidariedade foron xuntas da man. O CD Choco repetiu a fórmula de edicións anteriores nas que o único requisito para poder participar nestes torneos solidarios ou asistir como público é achegar un quilo de alimentos non perecedoiros. De novo tanto deportistas como afeccionados estiveron a altura achegando pasta, sopa, leite en po, chocolates, galletas, produtos de aseo, entre outro tipo de alimentos.

Tres días e tres competicións para diferentes categorías: Prebenxamin, Benxamín e Alevín nas que ademáis dos equipos do club anfitrión participaron equipos locais como Grupo Casa Paco 81- CD Choco, Chapela CF, ademais de equipos de diferentes localidades de toda Galicia como o Gondomar CF, Alondras CF, Chapela, CF, EF Portero 2000, Colegio Apóstol, Ed Val Miñor, Barro CF, Arosa SC, Erizana CF, UD Atios, CD Conxo, Ráncing de Castrelos FC, Arbo CF…

A primeira xornada, que se celebrou o martes 27 de decembro, na categoría Benxamín alzouse como campión do Torneo o Rácing de Castrelos FC e o subcampionato o CD Conxo. No terceiro lugar sería o ED Val Miñor.

Na segunda xornada na que disputarían o Torneo a Categoría Benxamín, alzou o trofeo o CD Conxo, quedando subcampion o CD Choco-Grupo Casa Paco 81. O Erizana quedaría en terceiro lugar.

Por último, na xornada do xoves, disputouse o Torneo da Categoría Alevín na que se alzaría co primeiro posto ED Val Miñor, co segundo Portero 2000 e co terceiro o CD Arcade.

Todos o participantes levaron a súa medalla como recordo dun Torneo no que puideron gozar tanto nenos como maiores. Dende o Choco agradecen a colaboración de Ramilú e Kiosko Cocó, Recambios Ochoa, Coco&Colet ademais dos patrocinadores oficiais como Rodavigo, Impernoroeste, Aqualia, MamaMassa, Grupo Do Noso e Roombo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará