Unha carpa instalada para evitar as inclemencias do tempo no Campo da Feira será o recinto que acolla esta tarde noite a festa de Pre-Fin de ano que contará coa actuación da orquestra París de Noia e a Discoteca móbil CDC. Mañá sábado serán os máis cativos os protagonistas cunha celebración que se desenvolverá na Praza da Constitución e na Alameda de Chapela entre as 11:00 e as 13:00 horas.
A verbena nocturna arrancará ás 22:00 horas de hoxe e na medianoite os asistentes poderán celebrar as badaladas con uvas.
Por outra banda, a Praza da Constitución en Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela serán escenario, o sábado 31 de decembro, de senllas Festas Infantís de Fin de Ano, actividade chea de música, xogos e actividades para que as e os máis pequenos poidan despedir o 2022. Actividades que se celebrarán entre as 11:00 e as 13:00 horas e que en caso de chuvia trasladaranse aos Multiúsos da Xunqueira e o Piñeiral.
Como en toda Festa de Fin de Ano que se prece, non faltarán as badaladas e as uvas para dar a benvida por adiantado ao 2023. A actividade contará coa presenza da Coca Simona e haberá moitas máis sorpresas.