Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reducirá a 30km/h a velocidade en todos os viais municipais

cokh

O pleno aprobou investir 200.000 euros nun plan de mellora da seguridade viaria nas estradas municipais tal e como solicitaba unha moción presentada polo BNG. Os nacionalistas reclamaban que a partida que non se vai investir nos orzamentos participativos (conxelados dende o 2018) se destinen a poñer en marcha unha planificación real nas estradas co obxecto de que estas vías poidan ser empregadas de xeito seguro por peóns así como por ciclistas e condutores. A moción contou co apoio de PSOE e AER, non así do PP quen votou en contra.

“Compre acometer unha mellora da seguridade viaria para facer un concello máis atractivo para a cidadanía, sobre todo, logo de que tras a pandemia foran moitas as persoas que adoptaron a costume de camiñar polos diferentes viais das parroquias”. O nacionalista Xoan Carlos González defendía así a necesidade de adoptar medidas para que poidan convivir peóns, ciclistas e automóbiles.

Xoán Carlos González, BNG

Dende a Agrupación de Electores valoraban positivamente a moción malia criticar que “as medidas presentadas polo BNG son excesivamente xenéricas”. Manuel Vilas defendía tamén que estas medidas de seguridade viarias deberían ir incluídas no Plan xeral de ordenación municipal que está en proceso de elaboración.

Manuel Vilas, AER

Propostas que dende o PSOE cualificaban de “asumibles e necesarias”. Neste sentido, María Castro apoiaba a necesidade de buscar unha mobilidade sustentable e pensada para os viandantes e non só para os coches. Mediadas algunhas delas doadas “como a mellora da iluminación ou a colocación de sinais para que se reduza a velocidade a 30Km/horas” mentres que outras son máis complexas “como a instalación de beirarrúas en camiños demasiado estreitos para a súa construción”.  Neste sentido explicaba que Redondela adheriuse ao plan Ágora da Deputación de Pontevedra, que o que busca “é converter o noso municipio nun lugar pensado para o cidadán”.

María Castro, PSOE

Unha moción que atopaba o apoio de todos os grupos agás o PP.  O seu voceiro, Iván Crespo defendía que se invistan nos camiños as partidas que xa están recollidas para esa cuestión nos orzamentos municipais e que os cartos que deberían ir destinados aos orzamentos participativos sexán investidos naquelas actuacións que acorden os veciños.

Iván Crespo, PP

Concluía a súa intervención o edil nacionalista acusando aos populares de “bloquear os orzamentos participativos e vir agora a defender que hai que investilos” algo que cualificou de irresponsabilidade.

A moción saíu aprobada finalmente cos votos en contra do PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará