O Concello de Redondela e a policía local non recomendan transitar o paseo do Río Maceiras que se viu afectado polo desbordamento da auga.
As intensas choivas destes días provocaron desbordamentos no río Pexegueiro e no río Maceiras, ademais de crear bolsas de auga na Estrada Fortóns preto do aeroporto. Tamén aconteceron varios derrubamentos de terra, un no camiño Eira Pedriña en Cedeira e outro no camiño Leira do Muiño en Trasmañó.
O sistema de augas viuse superado, saltando varias tapas da rede de sumidoiros. A zona do IES Mendiño precisou saneamento, polo que o equipo do concello desprazouse á zona para limpar as reixas fluviais. Tódolos eventos e espazos afectados xa están controlados.
A policía local destaca que non houbo ningún suceso e que todo estivo baixo control, sen consecuencias graves para a veciñanza. A concellería de medio ambiente apunta que o paseo do río maceiras vaise arranxar cando as condicións meteorolóxicas permítano. O máis importante foron os desbordamentos dos ríos, algo habitual en Redondela.