O ano comeza intenso para a policía local de Redondela que tivo que atender o primeiro suceso de 2023 o día 2 de xaneiro. Un varón de 26 anos, veciño de Cesantes, foi arrestado por un presunto delito de violencia doméstica, e ameazas graves, logo de ameazar aos seus país cun coitelo causando desfeitas no domicilio familiar onde reside con eles.
Foi o pai o que alertou á comisaría de Redondela por non poder conter a violencia exercida polo mozo contra eles. Os axentes, seguindo o protocolo habitual acudiron ao domicilio para proceder o arresto. Unha vez baixo custodia das autoridades redondelás o trasladaron ao centro médico para un control rutinario e pouco despois pasou a disposición xudicial, unha vez instalado na comisaría López Mora.
Durante a disputa ninguén resultou ferido de gravidade e será a xuíza a encargada de decidir cando sae do calabozo e os cargos que se lle imputan.