Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obxectivo de aninovo do BM Chapela é ascender ao play off

280364202_5466962076661107_5800288053863715237_n

O equipo de Primeira Autonómica masculina do Balonmán Chapela atopase nun momento de crecemento no que os xogadores base son clave para completalo. Este ano comezaron de cero, apostando polo adestrador Oscar Arosa para cumprir o obxectivo de entrar no play-off pola fase de ascenso.

Para todo isto precisan traballar e segundo o adestrador, agora mesmo o máis importante para o club é a canteira. Aínda que sofren carencias e algunha baixa, o suplen con ganas de adestrar e demostran o seu potencial. Concretamente, 4 xogadores do equipo xuvenil axudan nos partidos e aprenden, ao mesmo tempo, a competir en niveis altos.

O sábado 14 de xaneiro teñen o primeiro partido da segunda volta. Xogan contra o Artai de Poio, un equipo con moita experiencia, formado por xogadores de División de Prata e Primeira División. Todo un reto para o equipo de chapela.

Balonmán Chapela conta cun xogador da base na selección galega. Trátase de Lois, un rapaz do equipo Infantil que agora mesmo atópase en Alacante no Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023, que se celebrará do 3 ao 8 de xaneiro.

O sábado 14 o BM Chapela enfontarase na casa, no pavillón de deportes “Manuel González Soto”, ao Artai Poio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará