Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vendima do Castelo de Soutomaior bate o seu propio récord  

VENDIMA 2022 SOUTOMAIOR

A colleita de uva superou os 18.600 quilos, récord desde que se saca a poxa a explotación.

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a liquidación pola venta da uva da finca do Castelo de Soutomaior, que vai proporcionar á institución provincial uns ingresos de preto de 47.000 euros. Hai que lembrar que na vendima deste ano recolléronse un total de 18.651 quilos de uva, a mellor colleita desde 2015, e que foi a empresa Enoturismo Acha a que resultou adxudicataria da poxa aberta pola institución provincial para a colleita nas catro hectáreas de viñedos que ten a finca.

A meirande parte da colleita foi de uva albariña, con 16.201 quilos, e o resto corresponde á variedade de godello (2.450 quilos). Na poxa, a firma adxudicataria ofertara un prezo de 2,60€ por quilo de uva albariña e de 1€ para o resto de variedades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará