Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma reitera o seu rexeitamento á autovía por Redondela

RR_Noticias

O colectivo veciñal non está disposto a desbotar a alternativa 5 en favor da 11, xa que ao seu entender sería trasladar o problema dunha parroquia a outra.

A plataforma contra a autovía aplaude a decisión da Xunta de solicitar a Fomento que se anule o trazado de conexión da A-57 con Peinador a través da alternativa 5. Con todo o colectivo veciñal reitera que a súa postura é de oposición á calquera dos trazados propostos inicialmente, polo que non comparten a petición do PP de que se faga finalmente esta conexión a través da variante 11 a través de Pazos de Borbén-Os Valos. Reclaman que se debata novamente o tema das infraestructuras e a súa ordenación na zona e que se teñan en conta as demandas da cidadanía e se plantexen melloras nas vías xa existentes o que suporía un menor impacto económico e ecolóxico. Romaría O colectivo está a traballar xa nunha “Romaría reivindicativa” que se vai celebrar no vindeiro día 27 e na que haberá música, xogos, comida e postos informativos de varios colectivos ambientalistas e sociais de diferentes ámbitos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará