Foto de Virginia Lago, @bilghinia.
Lucía Hinrichs é de Redondela e actualmente estuda Belas Artes na Universidade de Salamanca. Afeccionada á lectura, escribe desde que ten memoria. Empezou coa poesía por un concurso no seu instituto e, a pesar de que sempre escribiu para si mesma, coa intención de sacar e entender o que leva dentro, encantaríalle poder dedicarse algún día a iso profesionalmente. Neste capítulo de A Voz Emerxente falamos con ela sobre o seu proceso á hora de escribir, a súa experiencia recitando en público, como chegou a publicar o seu primeiro libro “EL DOLOR QUE CREÍAS QUE NUNCA CESARÍA” e tamén sobre saúde mental e a vida en xeral.
Un programa moi riquiño no que conversamos sobre cultura e onde, as veces, abrímonos emocionalmente tamén.
Podedes atopar o seu libro neste linktree e no seu instagram @hinrix_