As tres mozas da SAR acadaron a prata logo de chegar a final coa selección cadete feminina, unha final na que o equipo da Comunidade Valenciana impúxose por 22 – 20 a Galicia. Tamén se fixo co subcampionato a selección galega infantil masculina entre cuxos xogadores se atopa Lois Alonso do Club Balonmán Chapela. Neste caso caeron na final por 27-29 tamén ante o equipo de Valencia
Rematou o CESA Costa Blanca 2023 con dúas medallas de prata para as seleccións galegas infantil masculina e cadete feminina. Non puideron vencer nas súas finais pero, malia a derrota, ambos combinados loitaron dende o minuto 1, sobrepoñéndose aos problemas que ían xurdindo e loitando ata o final por un ouro que acariciaron cos dedos.
Cadete feminina: C. Valenciana, 22 – 20, Galicia
Partidazo da selección cadete feminina, que acadou unha medalla de prata con moi bo sabor. As galegas foron de menos a máis grazas a súa fantástica defensa e tiveron moi preto a medalla de ouro.
O inicio non foi o mellor para as rapazas de Adrián Pumar, un pouco nerviosas e inseguras. A defensa 5:1 de Valencia, moi aberta e presionante, dificultou o ataque galego, que non atopaba situacións claras de lanzamento. Así, as locais lograron escaparse no marcador de cinco tantos (9-4, min. 19). Aínda que a defensa 6:0 funcionaba ben, Pumar apostou pola 3:3, tratando de sorprender e a verdade foi que deu moi bo resultado. Nos minutos finais da primeira metade, Galicia logrou remontar para chegar ao descanso so dous tantos abaixo e metida no partido.
Na segunda parte de Galicia foi de escándalo: Realizou unha fantástica defensa e proba diso foi que so encaixaron 22 goles en todo o partido e sen recibir nin unha exclusión. Pero é que ademais,
melloraron en ataque, utilizando o dobre pivote en varia ocasións e con éxito.
Así faltou moi pouco para darlle a volta ao marcador.
Infantil masculina: Galicia, 27 – 29, C. Valenciana
Valencia saíu francamente ben, cunha defensa moi intensa que sorprendeu aos galegos. Así, os locais puideron poñerse por diante no marcador dende o inicio e Galicia tivo que remar contracorrente todo o choque.