Os feitos producíronse na madrugada na noite de Reis cando, ao redor das seis da mañá, a Policía Local recibía unha chamada informando dunha discusión de parella nunha rúa do casco urbano, na zona da Tafona. Unha vez no lugar os axentes atoparon unha parella que estaba discutindo de xeito acalorado.
O varón veciño de Redondela de 35 anos de idade presentaba lesións visibles, polo que se procedeu a separar as partes e entrevistarse de xeito individual con cada unha delas, tamén coa muller de 26 anos. Unha vez esclarecido o acontecido os axentes da Policía Local procederon a detención de ambos os implicados por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar.